Convocan unha manifestación para denunciar que o Conservatorio de Melide non comezou o curso
- 11 nov 2016
- 1 min de lectura
Docentes do Conservatorio de #Melide convocan unha manifestación, este venres, diante do edificio do Concello para denunciar que o centro "aínda non iniciou a súa actividade, non tendo novas das autoridades competentes, cremos que corre perigo de desaparecer". O profesorado sinala que a día 10 de novembro xa foron abonadas "un bo número de matrículas". A protesta, que será a partir das 14.30 horas, está aberta ao estudantado, aos pais de alumnos e a calqueira interesado en defender esta infraestrutura.

Comentarios