Segundo comunicado de profesores a los padres.
- 19 nov 2016
- 2 min de lectura

Non obstante, sorpréndenos algunas cuestións:
Querémosvos facer chegar este pequeno comunicado, a fin de poñervos ao día das últimas actuacións en relación co inicio do novo curso no Conservatorio de Melide; que agardamos quepoida dar comezo o antes posible, como ben sabedes.
No día de hoxe, venres día 18 de novembro, recibimos ao longo da mañá diversas chamadas
para informarnos de que, na semana que vén, se convoca a unha parte do profesorado do
Centro para o que, parece, o comezo do curso.
Todavía non se nos convocou para firmar os correspondentes contratos de traballo,non sabemos que tipo de contratos son nen o número de horas de servizo, nin temos constancia de que se nos dese de alta na seguridade social.
Evidentemente, mentres non se produza tal feito non poderemos comezar a impartir clases. Cremos que sobran maiores explicacións en relación con este punto.
Temos constancia de que a semana que vén, o persoal administrativo responsable do Conservatorio estará de vacacións, o que implica a imposibilidade de tramitar
matrículas, actas, horarios, etc.
Ademais, non resulta posible acceder ás súas ferramentas de traballo, por ter as mesmas
claves privadas. Non se realizaron os pertinentes exames de setembro ao alumnado con asignaturas pendentes, polo que non sabemos a que curso se asignará aos mesmos.
Non se nos convocou a unha reunión previa, de organización do curso e/ou de presentación do mesmo aos alumnos e familia dos mesmos.
Tampouco sabemos que horarios e asignaturas se adxudican a cada profesor. Algo que, máis alá dos quebradeiros de cabeza que nos poida ocasionar a nivel persoal (posto que debemos compatibilizar este traballo con outros para obter un salario digno), xéranos preocupacións relacionadas coa calidade educativa que se poderá trasladar aos nosos
alumnos.
Benestar dos alumnos que non pode deixar de ser o noso último, e único, obxectivo no
desenrolo da nosa actividade profesional.
Pois ben, a día de hoxe os mestres que impartían determinadas asignaturas (trompeta, piano, jazz, informática musical, piano complementario, novas tecnoloxías, por exemplo) todavía non foron convocados para comezar a traballar.
Descoñecemos se iso se debe a un mero retraso administrativo ou se, pola contra, o Concello pretende reducir o número de asignaturas a impartir este ano no Conservatorio.
O horario destes mestres entendemos que non será cuberto por ninguén. En consecuencia, o número de matrículas posibles no centro será menor, o alumnado terá un tempo lectivo menor, etc.
Ademais de que non se respetaría a currícula legalmente establecida pola Xunta de Galicia para impartir ensinanzas de grado medio, os prexudicados reais serán os nen@s, que verán limitada a súa formación; musical e vital.
En próximas datas seguirémosvos informando da actualidade do Conservatorio, esperando que
para entón xa vos poidamos transmitir que o comezo do curso está resultando plenamente
satisfactorio para todos os implicados no proxecto.
Sen máis, e quedando á vosa enteira disposición para comentar calquera outra inquedanza, recibide un cordial saúdo.

Comentarios